A frol d'augoa
Madrugada de San XoánMadrugada máis garridaQue baila o sol cando naceE ri cando morre o día
Onde vai nosa señora?Onde vai Santa María?Vai cara a banda do mar,Vai cara a banda da ría.
Que dis da virxe, que dis?Que di Santa María?Cal será a meniña, calQue colla a frol d'augoa fría?
Non será dama nin deuda,Que será a princesa Aldina,A princesa namorada,Filla do rei de Galicia.
Non hai outra coma ela,Tan feitiña e tan bonita,C'aqueles seus ollos crarosDo color d'augoa da ría.
Soio ti, Aldina, serásQuen leve a frol d'augoa fríaSoio ti, Aldina serásQuen leve a frol d'augoa fría
Érguete do leito, nenaVai cara a banda do marQue anque ti veñas soíñaAcompañada has de tornar
Érguete do leito, nenaVai cara a banda da ríaQue anque ti soíña veñasTornarás en compañía
Na torre do real palacioAnque inda está lonxe o díaMóvense o liños dun leitoAlgunha xente se erguía
É a princesa! Deu-la garde!Era a moi garrida Aldina,Que vai o día de San Xoán,Cata-la frol d'augoa fría.