Luar na Lubre "Lonxe da Terriña" Liedtext

Lonxe da terriña
Lonxe do meu lar
Que morriña teño
Que angustias me dan
Non che nego a bonitura
Ceíño desta terriña
Ceíño da terra allea
Ai, quen che me dera na miña

Ai, meu alalá
Cando te oirei
Chousas e searas
Cando vos verei
Son as frores dises campos
Frorentes e bonitiñas
Ai, quen aló che me dera
Entre pallas e entre ortigas

Lonxe da terriña
Que angustias me dan
Os que vais pra ela
Con vós me levai
Os que vais pra ela
Con vós me levai
Os que vais pra ela
Con vós me levai