Luar na Lubre "Pousa" Liedtext

Fun á taberna do meu compadre,
Fun polo vento e vin polo aire
É como cousa de encantamento
Fun polo aire e vin polo vento.

E pousa, pousa, pousa,
E non me toques naquela cousa
E pousa, pousa axiña,
E non me toques naquela cousiña.

Murmuraban as miñas veciñas
Que eu andaba co crego nas viñas
Eso é verdá, eu non o nego,
Que eu andiven a loitas co crego.

E pousa, pousa, pousa,
E non me toques naquela cousa
E pousa, pousa axiña,
E non me toques naquela cousiña.