Luar na Lubre "Canto De Andar (Camiños da fin da terra)" paroles

Traduction vers:enpl

Canto De Andar (Camiños da fin da terra)

Amence paseniño nas terras do solpor.As brétemas esváense coas raiolas do sol.

Meu amor, meu amor, imos cara o mar maior.Miña amada, meu ben, imos polas terras do alén.

Acariña o silencio e escoita o corazónQue moitos dos teus soños latexan ao seu son.

Meu amor, meu amor, imos cara o mar maior.Miña amada, meu ben, imos polas terras do alén.

É tempo de camiño andar e de non esquecerQue o futuro que ha de vir é o que has de facer.

Meu amor, meu amor, imos cara o mar maior.Miña amada, meu ben, imos polas terras do alén.

E o sol vai silandeiro deitándose no mareFacéndonos pequenos con tanta inmensidade.

Meu amor, meu amor, imos cara o mar maior.Miña amada, meu ben, imos polas terras do alén.

Ici on peut trouver les paroles de la chanson Canto De Andar (Camiños da fin da terra) de Luar na Lubre. Ou les paroles du poème Canto De Andar (Camiños da fin da terra). Luar na Lubre Canto De Andar (Camiños da fin da terra) texte. Peut également être connu par son titre Canto De Andar Caminos da fin da terra (Luar na Lubre) texte.